ABANCA dará sostibilidade ó Padroado de Afundación

O SALNÉS> ABANCA ven de dar un paso adiante para dar un novo pulo a Afundación Galicia Obra Social. En función deste acordo, a entidade bancaria achegará alomenos cinco millóns de euros anuais, co fin de facer desta Afundación unha organización eficiente, sostible e innovadora.

ABANCA formalizou onte en Vigo a súa entrada no padroado de Afundación Galicia Obra Social. En virtude deste acordo, a entidade bancaria galega contribuirá á sostibilidade desta institución que desenvolverá a obra social que noutrora desenvolvían as caixas de aforros galegas. ABANCA aportará alomenos cinco millóns de euros anuais e colaborará cas tarefas de cambio e modernización emprendidas durante a anterior dirección de Novagalicia Banco, co fin de facer de Afundación unha organización eficiente, sostible e innovadora, que sexa quen de desenvolver un programa de responsabilidade social corporativa propia. O padroado de Afundación está formado por 28 membros, dos cales nove representan á ABANCA, sete ás cidades, catro ó Parlamento de Galicia e outros tantos ás deputacións provinciais; tres á Xunta de Galicia e un os traballadores. Este órgano decidiu nomear presidente de Afundación ó Director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e comunicación de ABANCA, Miguel Anxo Escotet.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/03/abanca1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/03/nova_abanca.mp4{/flowplayer}