Prisión para seis dos oito detidos no marco da operación ‘Mar Rice’

AROUSA> A Garda Civil desartellou unha organización criminal especializada en narcotráfico con ramificacións en Arousa.

Entre os oito detidos nas provincias da Coruña, Pontevedra e Madrid figura un veciño de Cambados.

A operación denominada Mar Rice iniciouse tras detectar a Garda Civil unha rede de distribución de estupefacientes con base en Vilanova de Arousa.

No transcurso da investigación, o Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga corroborou a capacidade deste grupo criminal para distribuír este tipo de substancias a nivel nacional e  mesmo internacional, utilizando vehículos e remolques dotados de habitáculos ocultos.

Precisamente a detención dun dos membros desta organización na Comunidade de Madrid cando transportaba droga nunha cabeza tractora desencadeou a identificación e detención doutros sete implicados entre provedores, transportistas e destinatarios finais.

O Xulgado de Instrución Número 6 da Coruña decretou o ingreso en prisión de 6 dos 8 detidos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí