Aumenta o número de vítimas que denuncia por violencia de xénero

SANTIAGO> Entre xaneiro e setembro do ano pasado presentáronse en Galicia case catro mil denuncias por violencia de xénero, un 6,7 por cento máis que no mesmo período de 2012. Así o reflicten os últimos datos facilitados polo Consello Xeral do Poder Xudicial. Por provincias, Pontevedra e Coruña concentran o 80 por cento desas demandas. Aumenta en Galicia o número de mulleres vítimas de violencia machista que denuncian ós seus maltratadores. Segundo os últimos datos facilitados polo Consello Xeral do Poder Xudicial, nos nove primeiros meses do 2013 contabilizáranse 3.931 demandas. Son 264 máis que no mesmo período do 2012. Por provincias, Pontevedra e A Coruña concentraron o 80 por cento destas denuncias. Pontevedra con 1.800 e Coruña con 1.370. Desde a secretaría xeral de Igualdade animan ás vítimas a dar o paso e denunciar. Malia este aumento no número de denuncias, 254 desas vítimas renunciaron logo ó proceso. Son a metade que a media estatal, pero aínda así, unha cifra preocupante para a Xunta. Lembra López Abella que as vítimas contan con respaldo das administracións e axudas para saír adiante. Neses nove primeiros meses de 2013, os xulgados comunicaron case mil medidas de protección, menos que no 2012, 459 mulleres contaron con dispositivos de protección móbiles, 22 máis que no 2012, e tamén houbo máis agresores controlados con sistemas telemáticos. En total 22. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/31/VIOLENCIAXENERO310114ok.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/31/BALANCE_VIOLENCIA_XENERO_310114.mp4{/flowplayer}