Sanxenxo mantense en niveis altos de ocupación

    SANXENXO> Se onte facíamos balance do que foi o volume de visitantes ó Concello do Grove en agosto, hoxe coñecemos o nivel de ocupación dos establecementos hostaleiros de Sanxenxo durante este pasado mes de estío. En Sanxenxo as cousas mantéñense na tónica de anos anteriores.

    A ocupación hoteleira en Sanxenxo mantívose durante o pasado mes de agosto, malia as malas condicións meteorolóxicas. Tal e como ven de informar o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, a ocupación dos hoteis de 4 estrelas foi de case o 92 %, manténdose os demais en torno ó 80 % de ocupación. Mantense a ocupación dos apartamentos e soben tres puntos porcentuais as visitas ós campings. As estatísticas din que en xeral o aumento foi do 0.06 % respecto ó ano pasado; ó que satisfai ós empresarios da CETS, ó tempo que os anima a seguir traballando na mesma liña. No tocante á ocupación do Club Náutico de Sanxenxo, tamén aumentaron os tránsitos. Nos máis de 364 metros de pantaláns adicados a este tipo de embarcacións amarraron unhas 233 o pasado mes; das que 135 eran a vela e 93 a motor. A meirande parte destes barcos eran españois; aínda que segue a medrar o número de visitantes chegados de Francia, cun crecemento no mes de agosto de 142 % respecto ó ano pasado.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/03/sanxenxo2.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/03/ocupacion_sanxenxo.mp4{/flowplayer}