Agosto deixa boas novas para o paro en O Salnés e O Barbanza

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/03/paro_agosto.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/03/paro_agosto.mp4{/flowplayer}

     

    SALNÉS> O emprego en agosto deixa boas novas en O Salnés e en Barbanza. Ambas comarcas rebaixaron as súas listaxes de desemprego en 167 e 145 persoas respectivamente. Estes descensos van en consonancia coas cifras rexistradas en Galicia, que tamén conseguiu reducir o número de persoas que non atopan un emprego.

    Agosto deixa un balance positivo para o emprego en O Salnés. Durante o último mes, a cifra de parados reduciuse en 167 persoas, aínda que seguen a ser máis de 11.800 as que engrosan as listas do Servizo Público de Emprego.

    Pontecesures é o concello que encabeza este descenso, seguido de A Illa e Cambados. As malas novas chegan dende O Grove e Meaño: 52 e 11 veciños perderon o seu emprego durante os últimos 31 días. Por sectores, agricultura e gandería presentan os mellores datos, seguidos da construción.

    Durante o último ano, O Salnés conseguiu reducir a lista de desempregados nun 10%. Menos tempo dura a racha no Barbanza, aínda que a comarca xa encadea un semestre de descensos do paro. De feito, a taxa actual é a máis baixa dende o 2010: despois dos 145 que atoparon traballo en agosto, 8.553 veciños seguen desempregados. Turismo e hostalería son as actividades que encabezan a xeración de postos de traballo.

    As cifras do Salnés e do Barbanza seguen a liña xeral da comunidade. En agosto, 3.340 galegos atoparon traballo, deixando Galicia como a autonomía na que o emprego tivo un mellor comportamento. Menos sorte tivo o conxunto de España: o paro subiu en 8.070 persoas, e xa son 4.427.930 os españois rexistrados nas oficias de emprego.

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí