A POBRA> A terceira edición do Gran Premio Triatlón Pobra do Caramiñal chega esta fin de semana. A proba, que organiza a Asociación Deportiva Paralelo 42, terá lugar o domingo día 8 de setembro as 10:30 da mañá.
Nesta edición, case 300 atletas disputarán 750 metros a nado, 20 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros correndo a pé. Un percorrido que terá lugar no centro da vila, xa que desta forma o espectáculo estará asegurado. Dende o concello tamén destacan que serve como escaparate turístico.
Os cinco primeiros clasificados gañarán un premio en metálico de hasta mil euros. E como novidade, haberá un premio de promoción ás promesas galegas de 500 euros.
O Concello da Pobra quixo pedir desculpas á veciñanza polas molestias que poidan causar os diferentes cortes de tráfico, que comezarán a partir das 9 da mañá. Tamén piden ós veciños que animan ós participantes.