O surf chega aos Campamentos de A Lanzada para quedarse

A LANZADA> A praia da Lanzada foi testemuña do bautismo de surf de ata mil nenos dos campamentos organizados pola Deputación. Durante o mes de agosto, este deporte pasou a formar parte do programa de actividades dos campamentos, aínda que a intención do ente provincial é que chegue para quedarse.

 

No mes de agosto, os campamentos da Lanzada incluíron unha novidade no seu programa. 

Dende que comezou, ao redor de mil nenos aprenderon as nocións básicas deste deporte. Toda unha novidade para eles.

A acollida foi todo un éxito. Tanto é así que todo apunta a que o surf chega para quedar nos programas de actividades dos campamentos da Deputación.

Este tipo de actividades tamén son unha promoción moi importante para un deporte que está a coller pulo na zona. Despois das primeiras tomas de contacto, son moitos os pequenos que se animan a seguir sobre a táboa.

Dos bautismos de surf do campamento da Lanzada puideron gozar os rapaces de entre 8 e 13 anos, que aprenderon as técnicas básicas deste deporte tanto sobre a area como pelexando para dominar as ondas.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/03/curso_surf_lanzada.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/03/curso_surf_lanzada.mp4{/flowplayer}