Os montes de Rianxo serán escenario dun campionato de trial

    RIANXO> A cita deportiva desenvolverase o 20 e 21 de setembro.

    O trial ruxirá no municipio de Rianxo xusto cando rematen as festas da Guadalupe. O sábado 20 e o domingo 21 disputarase por primeira vez un campionato galego nestas terras e xa está prevista a participación de máis de 40 pilotos. O terreo é idóneo para esta práctica deportiva e o alcalde agradeceu á Comunidade de Montes de Leiro que permitise o desenvolvemento da proba. O vicepresidente da Federación Galega advertiu que haberá un gran nivel de participación neste campionato, e un gran abano de idades competindo. O concello de Rianxo comprácese de acoller un campionato tan innovador coma este e agarda que se repita en anos vindeiros.