O BNG de Ribeira oponse á privatización da xestión da escola infantil

 RIBEIRA> O BNG de Ribeira critica a falla de información por parte do goberno con respecto á licitación da xestión da escola infantil. Din os nacionalistas que tiveron coñecemento do proceso por medio da prensa.

Malestar entre os nacionalistas ribeirenses tras coñecer a decisión do goberno de sacar a licitación a xestión da escola municipal para o próximo cursos. Critican a falla de información e escurantismo do executivo posto que, segundo denuncian, tiveron coñecemento pola prensa desta decisión que consideran suporá unha privatización do servizo.

Os nacionalistas propoñen como alternativa unha xestión directa que redundaría nun importante aforro para as arcas públicas

A Asemblea Local da organización estudará a toma de medidas con respecto a unha decisión que cualifican de atropelo democrático.