O executivo sonense levará a pleno mañá venres a aprobación dos orzamentos

PORTO DO SON> O goberno sonense levará mañá a pleno para a súa aprobación inicial o orzamento para o vindeiro ano 2021. O documento presupostario ascende a preto dos nove millóns de euros, un 9% máis que o do 2019, o último presuposto aprobado.

O retraso na súa elaboración e á chegada da covid, provocaron que o executivo sonense non puidera sacar adiante durante este 2020, tal e como pretendía, o documento orzamentario, polo tivo que tivo que traballar cos de 2019 prorrogados. Iso si, nos últimos meses, dende o executivo puxéronse mans á obra, e coa axuda dos técnicos municipais, traballaron arreo para poder presentar en tempo e forma o orzamento para o 2021. Mañá o documento será levado a pleno para a súa aprobación. O presuposto ascenderá a 8’9 millóns de euros, dos cales máis de dous irán destinados a investimentos.

Outro dos apartados que máis medra será o de Servizos Sociais, para dar resposta as principais necesidades dos veciños do municipio, principalmente a aqueles que, por razóns evidentes, o están a pasar mal pola crise da covid.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí