500 bateeiros solicitan axudas polas perdas do 2013

GALICIA> A consellería do Medio Rural e do Mar recibiu medio millar de solicitudes para paliar os estragos da marea vermella. A entidade estuda ampliar a partida orzamentaria destinada a cubrir as perdas do sector mexilloeiro, que xa se situaba no 1’5 millón de euros.

Os danos causados pola biotoxina do ano 2013, provocaron que a Xunta de Galicia recibise entorno a 500 solicitudes de axuda por parte do sector bateeiro. Así o comunicou a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, no Parlamento. Vistas as cifras, o goberno galego está estudiando a posibilidade de aumentar a partida orzamentaria que estaba prevista, para facer fronte ás cuantiosas perdas. Os requisitos para acceder a estas axudas serán moito menos esixentes que ata o momento, segundo apuntou a titular de Mar, xa que se está traballando con este obxectivo. Por outro lado, o departamento está negociando con Agroseguro a consecución dunha mellora nas pólizas que cubren ó sector ante este tipo de incidencias. Non obstante, as axudas económicas non son as únicas medidas que vén desenvolvendo a consellería para afrontar as perdas do sector. Emitíronse un total de 7 resolucións que permiten ampliar o número de cordas en cen unidades por batea en 22 polígonos, ampliando a capacidade de asimilación de produto ante a imposibilidade de darlle saída cara ó mercado. En función do episodio tóxico, poderán tramitarse novas ampliacións. Sempre atendendo ás peticións do sector. Por último, incide, estase a potenciar o traballo do Intecmar para garanter a excelente calidade do mexillón galego.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/11/aaxudasmarsectorbateeiro1109141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/11/aaxudasmarsectorbateeiro110914.mp4{/flowplayer}