A FEB e Abanca asinan un convenio de colaboración

    BOIRO> O convenio impulsa o acceso ó crédito a empresarios da comarca.

    ABANCA e a Federación de Empresarios do Barbanza reforzaron a súa colaboración coa sinatura dun convenio que beneficiará ós socios da comarca. O obxectivo de ambos é reactivar a actividade comercial, facilitando o crédito a autónomos e pemes. Jesús Soto, director de Abanca en Santiago-Barbanza, falou das vantaxes deste acordo, entre as que se atopan a exención das comisións básicas dunha conta, tarxetas e operacións frecuentes. O presidente da FEB, José Ramón Romero, mostrouse satisfeito de realizar este acordo cunha entidade que sempre colabora con asociacións semellantes.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/11/conveniofebabanca1109141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/11/conveniofebabanca110914.mp4{/flowplayer}