Galicia entrega as Medallas Castelao 2021

GALICIA> Esta mañá entregáronse as Medallas Castelao 2021. A Xunta concede estes galardóns para recoñecer a persoas e entidades que representan aos galegos dentro e fóra de Galicia. O home do tempo Santiago Pemán, o expresidente da Fundación Otero Pedrayo Xoán Luis Saco, a xornalista Esther Eiros, o mestre Manuel Vila e o Centro Superior de Hostalería de Galicia foron os premiados nesta edición.

O Pazo de Congresos de Galicia vestiuse hoxe de gala para acoller a ceremonia de entrega das Medallas Castelao. Un recoñecemento co que a Xunta premia o labor de persoas e entidades que representan os galegos dentro e fóra do territorio.

O home do tempo Santiago Pemán, o expresidente da Fundación Otero Pedrayo Xoán Luis Saco, a xornalista Esther Eiros, o mestre Manuel Vila e o Centro Superior de Hostalería de Galicia foron os premiados neste 2021.

Ademais do recoñecemento aos premiados, no seu discurso o presidente da Xunta fixo un chamamento á unidade e á cogobernanza fronte á covid, apelando ao espírito do Xacobeo.

Alberto Núñez Feijóo recordou tamén aos galegos que faleceron durante a pandemia.

As Medallas Castelao entréganse cada ano o 28 de xuño, coincidindo co retorno a Galicia dos restos mortais do galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí