Incautan máis de 800 quilos de cocaína nun mercante atracado na Coruña

CORUÑA> A subdelegada del Goberno na Coruña, María Rivas, achegouse esta mañá á sede da Garda Civil, en Lonzas, para supervisar a intervención do alixo incautado esta pasada fin de semana no peirao do Centenario, froito dunha das operacións de maior calado contra o narcotráfico das que se desenvolveron nas instalacións portuarias da Coruña.

En total foron uns 878 quilos de cocaína, cun valor aproximado no mercado duns 44 millóns de euros.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, a cocaína foi atopada pegada ó casco dun mercante atracado no porto con bandeira de Hong Kong e procedente de Brasil, cargado de cereal.

Anteriormente o buque xa fixera escala nas Palmas de Gran Canaria e tiña coma destino final Santander.

A propia consignataria do barco foi a que alertou do achado despois de que uns mergulladores dunha empresa contratada para unha operación de mantemento da hélice a atoparan pegada ó casco.

Polo de agora non se realizaron detencións. A investigación segue aberta, coordinada polo Servizo de Vixilancia Aduaneira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí