Galicia conta coas taxas universitarias máis reducidas de toda España

GALICIA> Galicia volverá ser, un ano máis, a comunidade autónoma coas taxas universitarias máis accesibles de España depois de que o goberno autonómico conxelase os prezos públicos dos graos universitarios. Segundo anunciou o presidente da Xunta, o obxectivo do goberno é facer máis accesible a universidade pública tal e como levan facendo dende a chegada ó goberno do PP, coa conxelación de taxas tanto na primeira como en sucesivas matrículas. Alberto Núñez Feijóo incidiu en que Galicia é a comunidade coas taxas máis reducidas de toda España, tanto en primeira como en segunda matrícula. Non en van, cada crédito universitario na comunidade galega está por debaixo dos 12 euros, mentres que en Cataluña supera os 33 euros. Feijóo precisou que arredor de 67.000 alumnos ‘non terán que pagar nin un euro máis para o próximo curso 2014-2015’.