NOIA> Un ano máis Noia Histórica volverá a ofertar visitas guiadas durante esta Semana Santa. Trátase dun percorrido polos elementos patrimoniais do casco histórico da vila. As visitas terán un custe de dous euros, recuperables ó consumir nos propios locais hostaleiros da vila.
A riqueza do patrimonio histórico artístico da vila levou a Noia Histórica a programar esta oferta de visitas guiadas que nos últimos se está a consolidar como unha cita obrigada non só para os turistas que nestas datas festivas recalan na zona, senón para os propios veciños do municipio e a súa contorna.
As rutas, de hora e media de duración, percorrerán os lugares máis emblemáticos do Concello, como a igrexa de Santa María A Nova, San Martiño ou os escenarios de redaxe da serie de televisión ‘Fariña’ que tanto éxito levantaron.
A iniciativa, promovida por Noia Histórica, conta co apoio da Deputación da Coruña e tamén do propio concello noiés que ve neste tipo de actividades un pulo dinamizador para un dos sectores claves do municipio como é o turismo.
Comments are closed.