A Festa do Carneiro ó Espeto reuniu en Moraña a máis de 3.000 persoas

carneiroespeto100_300707.jpgMORAÑA > Máis de 3.000 persoas, entre elas o presidente da Xunta e a súa muller, participaron na Festa do Carneiro ó Espeto

… Esta cita gastronómica que goza da distinción de Interese Galego, chegou este ano á súa edición número 38.

carneiroespeto200_300707.jpgPaisaxe típica na Carballeira de Santa Lucía, en Moraña por estas datas. Os carneiros ó espeto protagonizaron unha das citas gastronómicas máis multitudinarias deste verán, non en van atraeron ata este municipio a máis de tres mil persoas, que non dubidaron deixar escapar un estupendo día de praia. E é que para degustar tiñan unha exquisitez á que os cociñeiros lle dedicaron varias horas de traballo.

Desde as 4 da mañá comezou a faena para os organizadores, primeiro para acondicionar a carballeira con bancos e case 200 mesas. Pola súa banda, os cociñeiros comezaron a asar, con leña de carballo, máis de seis horas antes de que se servisen no prato.

Foi sobre as tres da tarde que se permitiu o paso ós comensais ás mesas previamente reservadas, con capacidade cada unha para unhas vinte persoas. A través das reservas coñecemos tamén a procedencia dos visitantes, que este ano viñeron, ademais de Moraña e arredores, de Vigo, A Coruña, Ferrol e incluso Madrid.

Redacción Salnés