Primeiro número de “Anaco” publicación poética de Vilagarcía

VILAGARCÍA> O primeiro número da publicación poética “Anaco”, promovida pola Mesa das Verbas. Un colectivo de creadores literarios de Vilagarcía, que da resposta a unha moción plenaria na que se acordou a creación dun servizo de publicacións municipais.

A Mesa das Verbas presentou a súa primeira publicación poética en Ravella. Este primeiro exemplar recolle uns 40 textos, dos cales 25 son en galego. Sen dúbida unha excelente nova para o concello, que cumpre con este libro un acordo plenario polo cal se decidiu crear un servizo de publicacións municipal co que conseguir, entre outros, promover a lingua galega.

Un traballo coral, que se traduce nas seguintes cifras; 25 autores, 500 exemplares dispoñibles e cun custe aproximado dos 1200 euros. “Anaco” é a primeira publicación de este tipo, aínda que non será a única, xa que a edil de Cultura sinalou que xa se traballa nunha guía que recollerá a historia dos cruceiros do municipio.

Germán Torres, presidente da Mesa das Verbas mostrouse agradecido e moi contento co resultado da materialización do traballo de tantas persoas. A presentación oficial terá lugar o vindeiro 25 de xaneiro as 21:00h no Salón García, todos os que asistan serán agasallados con un exemplar de esta publicación.