A POBRA> As instalacións que ten a empresa Palmira Scuba Charter no peirao da Pobra do Caramiñal foi o lugar escollido para a presentación do Xouva 4.90. A primeira embarcación eléctrica e accesible destinada ó turismo náutico ‘Made in Galicia’. O seu promotor é o enxeñeiro naval vigués José Ballester.
Este é o Xouva 4.90. Trátase dun barco 100% galego, totalmente innovador, xa que é eléctrico, polo tanto non contaminante, e accesible. Dúas vantaxes importantes nas que o seu promotor, o enxeñeiro naval vigués José Ballester puxo todo o seu empeño á hora de realizar o deseño da embarcación.
O barco cunha eslota inferior ós cinco metros non require ademais de titulación para poder pilotalo… un aspecto tamén importante a ter en conta.
O proxecto foi ademais seleccionado pola Asociación Galega de Actividades Náuticas no marco da iniciativa europea Capiten, que aposta por produtos náuticos innovadores que buscan ser un referente internacional.
O barco, pensado para un uso turístico e de lecer, pode transportar ata un máximo de sete pasaxeiros e conta cunha autonomía de seis horas, cunha velocidade máxima duns 4,8 nós.