Os irmáns Rufino volven ás rúas de Ribeira

    Os cabezas da operación Rufus xa están en liberdade provisional, tal e como se esperaba. A última saída foi a do irmán pequeno, Jorge Fernández Regueira. Ambos irmáns non superaron os seis meses de cárcere.

    Jorge Fernández Regueira, o irmán menor dos “Rufino”, foi posto en liberdade provisional. O pasado mes de febreiro, este foi detido xunto co seu irmán, na operación “Rufus” que tivo lugar en Ribeira. Ambos foron considerados os cabezas e distribuidores dunha rede de camelos. O irmán maior, Segundo, saíu da prisión de Teixeiro o pasado 12 de xullo. Por outro lado, Jorge pasou máis tempo entre reixas porque foi sorprendido polos axentes facendo unha entrega a dous portugueses. Os dous irmáns atópanse actualmente pendentes de xuízo. A operación “Rufus” cerrouse cun total de 27 persoas involucradas nesta trama, das cales 21 foron detidas. Os irmáns Rufino dedicábanse a venda e distribución de droga na comarca do Barbanza, pero tamén fóra dela. A representante do Ministerio Público apelou a decisión da Audiencia Provincial de poñer en liberdade ó irmán pequeno dos Rufino, solicitando a súa volta en prisión ou que se estableza unha fianza acorde ó valor da droga incautada. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/16/liberdaderufino1609141 .jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/16/liberdaderufino160914.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí