A Xunta anuncia un novo concurso de explotación para San Finx

LOUSAME> A reapertura da mina de San Finx volve estar de actualidade. A conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou no Parlamento a convocatoria de novos dereitos mineiros que permitirán solicitar a concesión de explotacións nas que se demostrou a existencia de recursos coma o wolframio, o ouro ou o estaño, que, segundo ela son de relevancia para sectores estratéxicos como o da defensa, o da automoción ou o aeroespacial.

A titular de Economía e Industria defende esta nova liña política  que abre un novo escenario industrial, que situará a Galicia á vangarda da minería europea.