O PP esixe a Fomento a gratuidade da peaxe Pontevedra-Vigo para 2010

    PONTEVEDRA > O Partido Popular esixe ó Ministerio de Fomento que levante a peaxe Pontevedra-Vigo en 2010, data tamén na que piden a entrada en funcionamento da autovía entre as dúas cidades. O PP criticou duramente o acordo asinado polo presidente da Xunta e a ministra de Fomento pola gratuídade só dos tramos Vigo-Morrazo e A Coruña-Barcala, deixando de lado a comarca de Pontevedra.

    O PP presentou unha proposta no Parlamento para esixir que se levanten as cabinas da peaxe entre Pontevedra e Vigo no 2010. Os populares demandarán que a futura autovía entre as dúas cidades entre en servizo tamén ese ano para permutar a peaxe da AP-9 a esta nova vía. En caso de non estar lista a futura autovía para 2010, o PP plantexa que o Estado financie o cen por cento o levantamento de cabinas entre Pontevedra e Vigo. A iniciativa tamén se elevará ó Congreso.

    A Xunta asinou un acordo co Goberno central e Audasa para liberar os traxectos da AP-9 Vigo-O Morrazo e A Coruña-A Barcala, que obriga á Administración autonómica a desembolsar a lo menos 3 millóns de euros anuais ata o 2048. O presidente do PPdeG acusa a Pérez Touriño de dicirlle a Pontevedra que non existe e califica esta proposta da Xunta de irresponsable.

    Segundo Feijóo, os 200 millóns que ten que pagar a Xunta e os 200 do Estado pola gratuidade Vigo-O Morrazo equivalen ó que costan catro circunvalacións de Pontevedra, ou ó oitenta por cento da autovía entre Pontevedra e Vigo. O presidente dos populares galegos entende que con este acordo, a Xunta sufragará con diñeiro de tódolos galegos un incumprimento de Fomento, é dicir, pagar para que non faga a autovía entre Pontevedra e Vigo.

    A cámara de comercio de Pontevedra tamén anunciou que trasladará ó presidente da Xunta a súa preocupación polas consecuencias negativas que reportará para Pontevedra e comarca a supresión da peaxe de Rande, sen repercusión algunha na tarifa que aplica Audasa actualmente para os desprazamentos Pontevedra-Vigo e Vigo-Pontevedra.

    Redacción Salnés