Rouban nunha tenda de deportes desde o conducto do aire

    VILAGARCIA> Falámoslles agora dun roubo. Un establecemento de venda de material deportivo de Rubiáns, Vilagacía, foi víctima, de novo, dun roubo. Aquí os cacos levaron calzado e roupa do melloriño que hai no mercado. O valor do sustraído aínda está sen cuantificar pero superará os 110.000 euros.

    En Deportes Piñeiro Sport están fartos de que lles rouben. Aínda non fai seis meses do último roubo neste establecemento de Rubiáns, cando esta fin de semana volveron a atracar. O encargado do establecemento chegaba ó luns pola mañá ó traballo cando se encontrou con todo revolto e que había un burato no conducto do aire acondicionado. Xa no exterior do edificio había máis restos do delicto. En primeiro termo os cacos intentaron entrar polo lateral abrindo un oco cunha cizalla que non foron quen de completar. Ó fallar este intento, subiron ó alto desta plataforma e accederon ó interior da nave polo conducto do aire acondicionado. Unha vez dentro, seleccionaron as mellores prendas que sacaron por quendas polo mesmo tubo do aire, desbotando as caixas e as perchas, posiblemente para poder cargar máis cantidade no vehículo que empregaran. Os traballadores creen que era un equipo de ladróns que podería ter feito unha cadea para trasladar a roupa e o calzado ata unha pista forestal lindeira. Amais, tomáronse tempo para rexeitar aquelas zapatillas que carecían de parella por estar no expositor. Agora toca poñer a correspondente denuncia sen esperanza de que sirva de nada; posto que así sucedeu nos roubos dos que foron víctimas anteriormente. A dirección de Piñeiro Sport activou un plan de crise trasladando mercancía a este centro de Rubiáns dos outros dez establecementos que ten en toda Galicia e Madrid. Amais, están a reforzar aínda máis as medidas de seguridade.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/16/roubo_pineiro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/16/roubo_pineiro_sport.mp4{/flowplayer}