O executivo boirense xa traballa na reposición da fochanca da rúa Dereitos Humáns

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/22/socavonboiro2209141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/22/socavonboiro220914.mp4{/flowplayer} BOIRO> Cabe lembrar que nesta mesma rúa, no ano 2006, xa se producira un episodio semellante, aínda que naquela ocasión as dimensións do buraco non foran tan grandes. Enorme susto o que se levaron a última hora da tarde do pasado venres os veciños e residentes da rúa Dereitos Humáns, ó ver como parte da estrada desaparecía, creando unha gran fochanca. Por fortuna non houbo que lamentar vítimas persoais, nin tampouco materiais, nos moitos coches estacionados ou que circulaban pola dita rúa. Sen pensar en causas paranormais para explicar o acontecido, o problema parece vir derivado dun cúmulo de circunstancias. O alcalde, Xoán Xosé Dieste, sinalaba que a situación é máis grave do que nun primeiro momento se sospeitaba, polo que haberá que actuar en consecuencia, procedendo ó levantamento de toda a rúa para atallar o problema de raíz, e que este non volva a producirse.