Valga inaugura o tradicional Belén en movemento

VALGA > Unha vez máis o Concello de Valga inaugurou o seu popular Belén. Preto de 2.000 figuras dan vida ós personaxes bíblicos e ós costumes galegos. Trala inauguración o pai Isorna  puxo un ano máis en movemento o gran Belén que conta dende fai semanas coa participación das Persoas da Asociación Amigos do Belén.

300belenvalga121205.jpgArredor de douscentos metros cadrados é a superficie que ocupan as preto de 2.000 figuras que compoñen o Belén en movemento de Valga. Ademais do nacemento de Xesús, diversas paisaxes e costumes de Galicia mesturan os elementos da tradición cristiá coa cultura do noso pobo. Deste xeito podemos admirar a tradicional matanza do porco preto do portal e dos Reis Magos.

Centos de veciños acudiron o acto inaugural que se desenvolveu esta fin de semana e onde como non podía ser doutra maneira se lles agradeceu a asociación Amigos do Belén o seu labor e esforzo para facer posible esta mostra un ano máis.

Cada ano este Belén renóvase incorporando novas figuras e detalles. Por primeira vez aparece200belenvalga121205.jpg un campo de fútbol cuns rapaces que practican este deporte, unha costureira, viticultores podando as súas plantacións, sacando as patacas, tomando o viño na taberna, ou a Banda de Música Municipal. O pai Isorna foi o encargado de cumprir coa bendición do Belén e de acompañar os asistentes a través das simpáticas figuras.

 

Redacción Salnés