Multitudinaria afluencia á procesión das Mortallas no Nazareno

    POBRA> A Pobra do Caramiñal segue de celebracións coas súas festas maiores, as do Divino Nazareno. A procesión das mortallas, que se celebrou onte domingo conseguiu congregar novamente a miles de persoas procedentes de toda Galicia. O bo tempo, que acompañou, sumado ó forte fervor que esperta o Divino Nazareno, achegou a máis de cincuenta mil persoas ata a vila pobrense. Preto das once da mañá a multitudinaria comitiva partía dende a igrexa de Santiago do Deán encabezada pola conselleira de Traballo, Beatriz Mato, e varios alcaldes da comarca.

    O mal tempo desluciu en parte o pistoletazo de saída ós festexos do Divino Nazareno. Aínda así a xente ataviada cos seus paraugas achegouse ata a casa consistorial para escoitar ó presentador e humorista Roberto Vilar, encargado este ano de dar lectura do pregón. Sen dúbida un dos actos que contou con máis afluencia foi, como é costume, a procesión das mortallas, declarada Festa de Interese Turístico Galego, e que esperta interese dentro e fóra das nosas fronteiras. Ademais das autoridades locais, co seu alcalde á cabeza Isaac Maceiras, tamén participaron na procesión a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, ou o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán así como tamén diversos rexedores da comarca. As celebracións chegarán á súa fin esta mesma noite, en tan só unhas horas, coa gran queima de fogos artificiais e a verbena amenizada pola orquestra Olympus. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/22/festasnazarenopobra12209141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/22/festasnazarenopobra1220914.mp4{/flowplayer}