O goberno de Noia detecta facturas pendentes por valor de 1’8 millóns

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/01/debeda_provedores_concellonoia_010420161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/01/debeda_provedores_concellonoia_01042016.mp4{/flowplayer} NOIA> Tras analizar a situación financeira das arcas municipais, o goberno de Noia denuncia a existencia de facturas pendentes sen consignar por valor dun millón oitocentos mil euros. A prioridade para o executivo será facer fronte ó pago ós provedores xa que, nalgúns casos, adebédanselle contías próximas ós trescentos mil euros. Nada máis chegar ó goberno, o actual executivo noiés realizou un estudo do estado das contas municipais detectando a existencia de máis dun millón douscentos mil euros pendentes de pago a provedores. Esta cifra, consignada e recoñecida a 18 de febreiro, foi incrementando coa recepción de novas facturas situándose a día de hoxe en preto de 1’8 millóns. Os pagos pendentes proveñen do anterior goberno dirixido por Miguel Paz pero tamén existen débedas correspondentes á anterior lexislatura no que Rafael García Guerrero encabezaba o executivo. Entre as facturas pendentes, o equipo de goberno destaca algunhas asinadas durante as últimas semanas do anterior executivo e que presentan aspectos curiosos que chamaron a atención mesmo dos equipos de intervención. Aínda que non descartan a toma de medidas xurídicas en contra dos anteriores gobernos, a prioridade agora é afrontar os pagos para aliviar a situacións dos provedores, na súa maior parte, pequenas e medianas empresas locais pendentes de cobrar importantes cantidades. Dende o executivo xa traballan na elaboración dos orzamentos ós que será preciso incorporar remanentes para facer fronte ás débedas.