A Festa da Raia recibe a 350 xubilados da provincia de Pontevedra

festaraia_maiores100_020508.jpgSANXENXO > Os maiores foron hoxe os protagonistas da Festa da Raia de Portonovo. Na vila reuníronse doce clubs de xubilados …

… da provincia de Pontevedra que participaron dun xantar a base de raia e gozaron dunha tarde de baile e concursos de beleza.

Unhas 350 persoas de doce clubs de xubilados da provincia de Pontevedra participaron hoxe en Portonovo no duodécimo Encontro da Terceira Idade, que se celebrou na carpa da Festa da Raia. O programa iniciouse cunha misa solemne seguida da sesión vermú. Ó mediodía, os maiores participaron dun almorzo coa raia como producto estrela, cociñada en empanada e en caldeirada, rematando cunha carne asada. Para algúns, foi a primeira vez que probaron a raia, e parece que lles gustou.

Pero ademais dos xubilados, ata Portonovo achegáronse hoxe numerosos turistas e veciños para degustar a raia tanto nos restaurantes como na carpa. A organización calcula que durante o festivo de onte se despacharon na carpa do porto unhas mil racións, sendo a empanada e a caldeirada as máis demandadas.

A festa da raia aínda continúa mañá. Ás doce é o Certame de música coral, no que actuarán os coros de Vilalonga, de Xubilados de Sanxenxo, de Noalla e o da Asociación Cultural O Rueiro de Vigo. Ás catro da tarde haberá unha exhibición de palillada e ás cinco comezan as actividades para os nenos, con baile, circo e maxia.

Redacción Salnés