O grupo de teatro Artellar de AMBAR finalista dun concurso nacional da DXT

    RIBEIRA> O Auditorio Municipal acollía esta mañá unha representación do grupo de teatro Artellar de AMBAR ante o Xurado Calificador, formado por representantes da dirección Xeral de Tráfico de Madrid e do Centro Superior de Educación Vial de Salamanca.  A obra “Las señales a Juicio” foi presentada á segunda edición do concurso de proxectos de Educación Vial e de Teatro e encóntrase entre as tres finalistas que optan ós premios a nivel estatal. A obra, representada por trece persoas con diversidade funcional e dirixida polas monitoras Zeltia Iglesia e Mª Carmen González, recrea a importancia de coñecer e interpretar as sinais de tráfico. A Dirección Xeral de Tráfico convoca o presente concurso co obxectivo de potenciar a Educación Viaria nos Proxectos Educativos dos Centros Escolares en Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bachillerato, Formación Profesional e Educación Especial, así como unha modalidade de Teatro para Persoas con Diversidade, dentro do ámbito estatal.