A plataforma da PO-531 decide mañá se celebra a manifestación

    po-531_100_240308.jpgPONTEVEDRA > Os afectados pola ampliación da PO-531 entre Curro e Pontevedra decidirán mañá se volven a convocar unha manifestación de protesta.

    po-531_100_240308.jpgPONTEVEDRA > Os afectados pola ampliación da PO-531 entre Curro e Pontevedra decidirán mañá se volven a convocar unha manifestación de protesta. Os veciños reuniranse en asemblea ás oito e media da noite na casa de cultura de Campañó.

    O diálogo con Política Territorial está roto logo de facer varios cortes de tráfico e unha concentración no mitin do PSOE con Emilio Pérez Touriño en Pontevedra. A plataforma de Afectados estudia agora poñer data á manifestación que tiñan previsto facer antes das eleccións e espera reunir a unhas tres mil persoas. Pese a todo, afirman seguir dispostos a dialogar coa delegada de Política Territorial e queren ser recibidos tamén pola conselleira María José Caride e polo director xeral de Obras Públicas.

    Redacción Salnés