{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/23/reunionxeiteirosarousa2309141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/23/reunionxeiteirosarousa230914.mp4{/flowplayer} RIANXO> Esta mañá celebrábase unha xuntanza á que asistiron representantes de distintas confrarías da ría de Arousa nas que se emprega esta arte de pesca, disconformes coas medidas propostas polo Goberno Central, que os aboca á perda do seu medio de vida. Ó redor de medio centenar de xeiteiros pertencentes a distintas confrarías de pescadores da ría de Arousa, como é o caso de a Illa, Cabo de Cruz, Cambados ou Rianxo, mantiveron unha xuntanza nesta última localidade para analizar as medidas a tomar en relación co novo plan de xestión para a captura da sardiña, que segundo eles lles imporá importantes restricións, que mesmo podería conducir á ruína para este tipo de flota artesanal que opera en augas interiores da Ría. Un total de 500 embarcacións e unhas mil persoas poderían verse afectadas por esta proposta. O asunto será analizado mañá mércores na delegación de Pesca de Carril polos patróns maiores da Ría, que xa solicitaron unha reunión coa consellería de Medio Rural e do Mar para que dea as explicacións oportunas deste tema, tomando en consideración as propias demandas do sector. Como medida de presión, para que se teña en conta as súas reclamacións, teñen previsto desenvolver mañá unha concentración diante da casa consistorial rianxeira na que esixirán a retirada deste plan, ou que se realice unha modificación dos TACs para este tipo de flota artesanal que opera en augas interiores da Ría.
Inicio crb