A elite mundial da vela darase cita este verán en Portosín

PORTO DO SON> As augas de Portosín acollerá en setembro a regata Le Soliteire Le Fígaro 2018. Trátase dunha proba de renome internacional que achegará ata a comarca embarcacións de toda Europa. O camiponato do mundo platú 25 serviu como escaparate para Portosín que xa se está a consolidar como unha das principais sedes da náutica a nivel internacional. Este esforzo inversor merecerá a pena pola gran repercusión desta proba a nivel mundial o que suporá un importante pulo dinamizador do turismo na comarca. Tras unha recente viaxe a Francia para coordinar a organización, o club náutico e o concello xa comezaron cos preparativos desta regata que marcará un fito para a entidade e para toda a comarca.