AGAME non secundará a mobilización convocada polos mexilloeiros

    GALICIA > A Asociación Galega de Mexilloeiros, AGAME, acordou darlle un marxe de confianza á Consellería de Pesca á hora de resolve-la crise aberta no sector do mexillón e acepta-los 12 mil euros de compensación pola catástrofe do “Prestige”. Deste xeito non participarán na mobilización convocada polo resto das asociacións.

    O presidente da Asociación Galega de Mexilloeiros, que aglutina ós propietarios dunhas 800 bateas, considera que se lle debe dar un marxe de confianza á Consellería de Pesca á hora de resolve-lo problema que está a afectar ó sector mexilloeiro.

    Agustín Pose fixo alusión á asemblea celebrada hai uns día no seo desta asociación na que se acordou tamén acepta-los 12 mil euros de compensación pola catástrofe do “Prestige”, desmarcándose deste xeito doutros colectivos que teñen previsto realizar en Santiago unha mobilización en sinal de protesta. Para o presidente de AGAME os cartos non son o máis importante e o que verdadeiramente desexan é que os deixen seguir traballando.

    En canto á decisión de OPMEGA neste asunto, Agustín Pose, sinalou non querer entrar en polémica, aínda que non entende a postura mantida por esta entidade.

    Redacción Barbanza