POBRA> As expectativas para a campaña non son moi positivas, pola inexistencia de berberecho e a escaseza de ameixa. Máis dun millar de embarcacións iniciaban esta mañá a campaña de libre marisqueo en Arousa. Os resultados nesta primeira xornada non son para nada satisfactorios, totalmente o contrario. A práctica desaparición do berberecho, inexistente tanto nos Lombos do Ulla como en Cabío e no Bohído, hai que sumarlle agora a escaseza de ameixa. Dende a consellería de Medio Rural e do Mar apuntan de que aínda é cedo para facer balance e haberá que agardar unhas semanas para coñecer o estado real dos recursos. Aínda así os produtores son bastantes pesimistas, e consideran que este mal arranque fai augurar unha pésima campaña, peor aínda que a do ano pasado. A actividade no libre marisqueo manterase, sen on hai cambios, ata o 31 de marzo.
Inicio Barbanza - Muros - Noia