A confraría noiesa abrirá este luns a súa campaña marisqueira

NOIA> Os máis de mil cincocentos mariscadores cos que conta o pósito retomarán a súa actividade nas concesións coa idea de alomenos igualar os resultados da campaña anterior. A confraría noiesa abrirá a actividade marisqueira o próximo luns dez de setembro. Así o acordou a asemblea de socios celebrada este pasado domingo, na que se analizaron tamén as normas que rexerán a presente campaña extrativa. Na xuntanza acordouse a hora o inicio do traballo, que estará fixado para as nove da mañá tanto para o marisqueo a pé coma para os da flote, e tamén os topes. Haberá que agardar ó luns para ver como se presenta a campaña. Aínda que pensa que sexa inferior á do ano pasado, o patrón maior mostrouse optimista, agardando obter tamén uns bos resultados. A abundancia de berberecho de terceira, así como ameixa babosa e xapónica pode traducirse nunha boa cotización en lonxa. Todo apunta a que non se darán os resultados acadados nas últimas dúas campañas, onde se rexistraron tanto récords de capturas coma de facturación. A apertura estará condicionada tamén ós resultados de toxina que realizará o propio pósito e o Intecmar ó longo desta semana.