Isaac Maceiras non será o candidato do PP da Pobra nas próximas eleccións municipais

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/01/abandonoisaacmaceiras0110141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/01/abandonoisaacmaceiras011014.mp4{/flowplayer} POBRA> Esta mesma tarde, por sorpresa, anunciaba que non vai presentarse á reelección. Segundo el trátase dunha decisión amplamente meditada. Despois de máis de vinte anos en política activa, dos cales dezaseis foron coma alcalde, con catro maiorías absolutas, Isaac Maceiras Rivas, non será o candidato do PP nas próximas eleccións municipais. Arroupado polo presidente do PP, a nivel provincial, Carlos Negreira, do presidente de honra do partido a nivel local, Álvaro Vieites, e tamén dos compañeiros da formación a nivel local, anunciaba o seu adeus. Segundo el trátase dunha decisión consensuada e amplamente meditada. O presidente do PP na provincia da Coruña, Carlos Negreira, quixo estar con el no anuncio da súa despedida, para agradecerlle o traballo realizado durante estes 20 anos. polo de agora aínda é cedo para falar de posibles candidatos, a decisión deberá ser tomada nos próximos meses pola executiva local. aínda así xa soan varios nomes para ese posto. Un deles a da propia edil de Cultura e Turismo, Encarnación González.