O PSOE apela a imitar o espírito das traballadoras de Cuca para cambiar Europa

    VILAGARCÍA> O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco convidou á cidadanía a votar en contra do Partido Popular nun mitin celebvrado esta fin de semana en Vilagarcía. Acompañado de Miro Serén, da Secretaria da Agrupación, Tania García, e o Secretario de Organización do PSOE, Oscar López, dixo que a dereita esta arrasando cos dereitos laborais, e a consecuencia desa política é mais paro, salarios rebaixados, empregos precarios e despidos baratos. O candidato socialista denunciou que o PP está arrasando os dereitos sociais, baixando as pensións, recortando a sanidade, negando medicamentos, menos profesores e menos becas. Asegurou que esta panorama pode cambiarse por unha nova maioría que aposte polos dereitos sociais, polo benestar, polo emprego, pola igualdade. Xa en clave local, Blanco puxo enfase no conlfico laboral das traballadores da conserveira Cuca. Apelou a imitar o espírito desas mulleres para gañar as eleccións e cambiar Europa. Por ultimo aludiu á política pesqueira común anunciando que unha das primeiras inciativas que impulsará no Parlamento será cambiar o cambiar o etiquetado do mexilón, para que a xente saiba de donde ven.