Ribeira reafirma o seu compromiso con dez entidades sociais

RIBEIRA> Asinados os dez convenios entre o concello de Ribeira e as entidades sociais do municipio. O importe total é de 34 mil euros cos que as asociacións poderán acometer distintos proxectos en favor dos máis vulnerables.

Como cada ano, as entidades sociais de Ribeira subscriben convenios de colaboración co concello para poder sacar adiante os seus proxectos. Son un total de dez asociacións que prestan servizo en distintos ámbitos tanto no eido sociosanitario como da discapacidade ou no tratamento e prevención de condutas aditivas.

En total, o concello de Ribeira destina 34 mil euros a sufragar estes convenios para contribuír a que estas entidades sigan a desenvolver a súa imprescindible labor en beneficio da sociedade.