A POBRA> O concello da Pobra oferta un obradoiro de conciliación para o luns 7 de setembro, día non lectivo. Desenvolverase no CEP Salustiano Rey Eiras, en horario de nove a dúas, con posibilidade de servizo de madruga e comedor.
Seguindo coas súas políticas de conciliación, o concello da Pobra organiza un obradoiro lúdico para o 7 de decembro, xornada hábil pero non lectiva en toda Galicia.
Desenvolverase nas instalacións do CEP Salustiano Rey Eiras en horario de nove a dúas, con posibilidade de servizo de madruga e comedor ata as catro e media da tarde.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 2 de decembro no departamento de Igualdade. A cota é de cinco euros, con dedución do cincuenta por cento para segundo irmán e terceiro de balde.











