A POBRA> O concello da Pobra convoca a sétima edición do concurso de embelecemento de fachadas de Nadal. A principal novidade deste ano é a incorporación da categoría colectiva para grupos de veciños que adornen conxuntamente as súas vivendas e demais elementos dos núcleos de poboación.
O concurso de embelecemento de fachadas cumpre sete anos implicando ós veciños na decoración do Nadal co obxectivo de facer da Pobra un pobo dos máis bonito durante estas datas. O concello volve convocar este certame que inclúe este ano unha nova categoría.
Na categoría individual manteranse os mesmo premios: un xeral á mellor fachada de todo o municipio xunto con un por cada parroquia. Os interesados en participar xa se poden isncribir ata o día 4 de decembro a través do departamento de Promoción Económica.
As fachadas, visibles dende a vía pública, deberán estar decoradas antes do 9 de decembro e permanecer así ata o seis de xaneiro. O ditame do xurado darase a coñecer o 17 de decembro.











