BOIRO> O concello de Boiro investirá máis de 170 mil euros na renovación da cuberta do complexo deportivo da Cachada. As obras iniciaranse nas próximas semanas e porán fin ós problemas de filtracións que rexistraba a instalación.
A obra foi adxudicada xa o pasado ano e acometerase nas próximas semanas, unha que a empresa acabe de construír a estrutura metálica que se instalará no pavillón. Trátase dunha cuberta a dúas augas con pendente do seis por cento para a evacuación das augas. Instalarase por riba da cuberta plana existente que rexistraba problemas de filtracións posto que favorecía a acumulación de auga.
Esta importante actuación vense sumar ás executadas nos últimos anos que permitiron reabrir a instalación con mellor condicións para usuarios e traballadores. Trala substitución da cuberta que estará rematada antes do próximo inverno queda pendente a construción dunha grada na piscina e novas salas multiusos.
Os traballos para a instalación da cuberta centraranse fundamentalmente no exterior polo que non implicarán o peche das instalacións aínda que se desenvolveranse en coordinación cos usuarios e clubs que utilizan o complexo para garantir a total seguridade.