RIBEIRA> A asociación de empresarios de Ribeira repartirá este Nadal sete mil euros en premios. Ademais dos sorteos semanais de vales de compra, haberá un premio estrela dunha viaxe valorada en dous mil euros.
O 1 de decembro comeza a campaña de Nadal da asociación de Empresarios de Ribeira. Os clientes que se realicen as súas compras nos comercios adheridos ata o 6 de xaneiro entrarán no sorteo dun premio semanal de mil euros. Haberá ademais un premio especial entre tódolos participantes consistente nunha viaxe valorada en 2000 euros.
Como en anos anteriores, a participación realizarase mediante a suba dos tickets de compra a través da aplicación da patronal. Non se requirirá compra mínima posto que participa tamén a hostalería. O concello colaborará tamén coa campaña con diversas actividades de animación muiscal e o expreso de Oriente.
Un ano máis, a asociación de empresarios volverá animar a campaña de Nadal coa pista de xeo que se inaugurará o catro de decembro na avenida do Malecón. Os clientes do comercio local poderán optar a descontos de ata o 50 por cento da entrada que custa oito euros sen bonificación.
Haberá tamén tarifas especiais para colexios, clubs deportivos e entidades sociais que poderán acceder a prezos reducidos.











