PSOE: “O Salnés non existe no orzamento do Goberno Central”

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/01/orzamentos_psoe.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/01/contravaloracion_orzamentos_psoe.mp4{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> E, como era de agardar, desde o PSOE fan unha lectura radicalmente distinta desta proposta de orzamentos. Para os socialistas os orzamentos do Estado son inxustos con Galicia e Pontevedra e neles o Salnés case nin aparece. O PSOE de Pontevedra ven de criticar duramente o orzamento proposto polo executivo central para a vindeira anualidade. Os socialistas entenden que este documento económico son sobre todo inxustos e reflicten máis recortes nos servicios sociais, pensións e emprego. Guillermo Meijón asegura que estes orzamentos, tal cal están reformulados, inciden no fracaso que supón a política do Partido Popular á hora de recuperar a economía. Este deputado socialista non entra a fondo a valorar as cifras que se detallan na proposta do Goberno Central ó entender que para o PP o papel o aguanta todo: primeiro presupostan e logo non executan. Para a presente anualidade o PSOE agarda que o Executivo non execute ata un 35 % do orzamentado. O PSOE de Pontevedra cualifica de austericidio o proposta para a Cidade, parecéndolle insuficiente a proposta que se reflicte para a Autoestrada do Atlántico. Defenden que Pontevedra e Vigo deberían estar unidos por unha autovía libre de peaxe, paralela á AP9. Amais, reclaman como principal inversión un porto seco no entorno de Pontevedra-Marín. No tocante ó Salnés, denuncian que a penas existe nos orzamentos.