Sobe o paro en setembro tamén nas Rías Baixas

    O SALNÉS> Os datos do paro relativos ó mes de setembro espertábannos hoxe cun novo varapau. Subiu o desemprego en todo país en máis de 19.720 persoas; unhas 1.264 delas en Galicia. Nas Rías Baixas sobe tamén o paro en case tódolos Concellos, especialmente naqueles nos que o turismo ten unha especial incidencia.

    Sobe o paro en España en 19.720 persoas; situando a cifra global de desempregados en algo máis de 4.447.000 persoas. En Galicia o incremento do paro cifrouse en 1.264 persoas. Con todo, atendendo ás comparativas interanuais, este setembro é o mellor en canto á evolución do emprego desde o 2007.Amais, a Seguridade Social incrementou o seu número de afiliados en máis de 12.180; e subiron os contratos indefinidos en todo o país en 133.500. A lectura que fan desde a CIG é absolutamente negativa. Aseguran que non hai nin rastro dos brotes verdes que algúns queren facernos ver; co que se impón de forma urxente, a necesidade dun cambio radical no modelo económico E as Rías Baixas non son alleas a este incremento do paro. Por Concellos, na comarca da Arousa cabe salientar a suba de 227 parados no Concello do Grove durante o mes pasado, seguido do Concello de Meaño con 69 desempregados máis. Pola contra, baixa o paro en Vilagarcía, con 115 persoas menos; seguido de Caldas e Valga con cadanseus 45 novos empregados. Na Comarca de Pontevedra, aumenta o número de desempregados en Sanxenxo en 280 persoas, seguido de Pontevedra con 225 e Poio con 106. Baixa en Barro con 8 persoas máis con emprego. Na comarca do Barbanza; en Ribeira incrementouse o paro en 110 persoas, seguido de Rianxo con 71 e Boiro con 66 parados máis. Aquí, só baixou o paro en Lousame con 11 persoas que encontraron emprego.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/02/emprego.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/02/paro_salnes_barbanza_setembro.mp4{/flowplayer}