O líder do PP de Catoira marcha

CATOIRA> O líder do PP de Catoira marcha. Iván Caamaño pon fin ao seu paso pola política motivado por razóns laborais. A súa acta vai ser ocupada polo número 4 da candidatura dos populares, Secundino Longa. Caamaño puxo en valor o traballo feito polo seu equipo dende o 2018. Asegura que a súa renuncia non é unha despedida, porque se compromete a seguir colaborando co equipo para seguir dándolle forma ao proxecto, dixo, que el mesmo iniciou hai agora seis anos.

Iván Caamaño despídese do concello de Catoira. O líder dos populares no municpio abandona as súas responsabilidades por cuestións laborais.

Caamaño lideraba o partido dende 2018, sendo candidato nas eleccións no 2019 e 2023. Da súa primeira etapa, destaca ter rachado coa hexemonía do PSOE en Catoira. Di que nas eleccións de 2019 o PP logrou face-lo cambio prometido, aínda que non funcionara. Considera que desa etapa queda un legado positivo para a vila, coa captación de fondos da Xunta ou o impulso de proxectos.

Nas eleccións do 2023 o BNG fíxose cunha maioría absoluta, pero os populares conseguiron  situarse como a segunda forza. Caamaño deixa, polo tanto, ao PP como líder da oposición en Catoira. A acta de Caamaño será asumida agora por Secundino Longa.

E aínda que marcha, asegura que continúa traballando polo proxecto que el mesmo puxo en marcha.

E conclúe agradecendo o traballo feito polo equipo que o acompañou ata aquí. Tamén palabras de agradecemento para o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, o líder provincial Luis López; e os populares vilanoveses Gonzalo Durán e Javier Tourís.