Volve o Outono Gastronómico a 26 casas rurais da provincia

    MORAÑA> Os mellores produtos gastronómicos desta época e os espazos máis singulares do noso rural, é a fusión que nos ofrece o Outono Gastronómico 2017 que esta mañá se presentou no fermoso Pazo La Buzaca de Moraña, e que contou coa presenza do Delegado Territorial de Xunta en Pontevedra e da alcaldesa da vila. Se se vos fai a boca auga só con escoitalo, imaxínense velo, ulilo, ou saborealo. É só un dos menús que forman parte dos Outonos Gastronómicos que se presentaron esta mañá neste Pazo da Buzaca de Moraña. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra. José Manuel Cores Tourís, percorreu durante esta mañá as instalacións deste pazo morañés, e coñeceu de preto a oferta que presenta este espazo para este iniciativa. Ademais deste Pazo da Buzaca, outros 25 establecementos máis da provincia tamén colaboran nesta iniciativa que ofrece prezos moi competitivos e opcións de aloxamento adaptadas a tódolos gustos. Ata o 17 de decembro aqueles que desexen gozar dos mellores produtos da época e relaxarse en espazos coma este, un total de 90 opcións en toda Galicia, poden consultar a información na web de Turismo de Galicia, no apartado, Outono Gastronómicos 2017. A visita coincidiu co Día Mundial do Turismo, centrado este ano na sostenibilidade. E que este ano está rexistrando cifras de record. Nos primeiros sete meses de 2017 2,4 millóns de visitantes pernoctaron na nosa comunidade,