![]()
SANXENXO> O pai dun dos mozos detidos en Punta Cana, denuncia extorsións ás familias por parte de supostos avogados.
{flowplayer}images/salnes/BUITRE_PUNTA_CANA.flv{/flowplayer}
Para José Luis Leiro, seu fillo e as dúas rapazas vilagarciás detidas en Punta Cana por un presunto delito de tráfico de drogas foron vítimas dun engano. El sinala a outro mozo de Sanxenxo, coñecido como “El Chere” e que podería ter antecedentes, como responsable da situación que está a vivir agora o seu fillo.
Segundo José Luis, os diplomáticos españois en Punta Cana xa contan cos datos deste home, e están a traballar xunto coas autoridades locais para atopalo.
Mentres, o pai do detido denuncia extorsións por parte de supostos avogados que atenden o seu fillo en Punta Cana.
Dende o domingo que se produciu a detención, José Luis Leiro está en contacto permanente co cónsul español en Punta Cana e coas familias das dúas rapazas detidas. A súa máxima preocupación é a saúde do seu fillo, que padece asma e precisa medicación.
Redacción Salnés









