Comezan as obras do obradoiro-emprego Curota

    RIBEIRA> Os alumnos-traballadores do obradoiro-emprego Curota iniciaron esta semana as obras de renovación das beirarrúas da avenida da Coruña en Ribeira. A finalidade desta actuación non é outra que mellorar a seguridade viaria nunha das principais portas de entrada á cidade. A obra afectará o tramo que une a rotonda das Carolinas e o cruce coa rúa Lajareu. Cabe lembrar que antes de que comezaran estes traballos, o conxunto dos alumnos do obradoiro Curota, que está compartido co resto de municipios de Arousa Norte, tiveron ocasión de recibir unha intensa formación teórica, tanto no oficio obxecto da aprendizaxe: pavimentación e albanelería de, como noutras materias: prevención de riscos, sensibilización e igualdade de xénero, sensibilización ambiental e formación empresarial. Un segundo grupo de traballo deste obradoiro están a traballar tamén na estrada principal de Escarabote, en Boiro, co fin de dotalo tamén dunha nova beirarrúa.

    Comments are closed.