RIBEIRA> Os veciños do barrio ribeirense de Bandourrío buscan solucións para acabar cos problemas de vandalismo e tráfico de drogas, moi frecuentes na zona. Os responsables da asociación veciñal xa mantiveron un encontro co alcalde para solicitarlle o reforzo da presenza policial. A rúa Manzanares e a praza de Teruel, outrora epicentro da movida urbana, presentan agora un aspecto moito máis desanxelado. Os residentes deste barrio conviven a diario co trapicheo de drogas a plena luz do día. Polas noites, especialmente durante as fins de semana, son frecuentes os actos vandálicos, as pelexas e os roubos. Ante esta situación de inseguridade, a Asociación Social e Cultural de Bandourrío xa mantivo unha xuntanza co alcalde de Ribeira solicitando que se incremente a vixilancia. Na actualidade, a presenza policial limítase ás noites de fin de semana cando os axentes velan polo cumprimento do horario de peche dos locais. Algo que dende a entidade veciñal consideran insuficiente xa que a inseguridade coa que viven moitos veciños levoulles mesmo a cambiar as portas e instalar rexas nas fiestras para evitar ser vítimas de roubos ou agresións.
Inicio Barbanza - Muros - Noia











