A militancia elixe a Maneiro como novo secretario xeral do PSOE de Boiro

    BOIRO> Manuel Maneiro foi elixido novo secretario xeral do PSOE de Boiro, A súa candidatura, a única presentada, foi respaldada polo noventa e nove por cento da militancia que participou na asemblea celebrada este xoves. Maneiro substitúe no cargo a Jorge Campaña que a primeiros do decembro do pasado ano dimitía como secretario xeral e renunciaba á súa acta de concelleiro por motivos laborais. Acompáñano no novo comité executivo José Luís Ruíz como secretario de organización e Eva Riveiro, Tomás Muñiz, Cristian Rodríguez e Marisa Collazo, todo eles vogais na secretaría de política municipal. Ademais da secretaría xeral, Maneiro será o candidato dos socialistas á alcaldía de Boiro nos vindeiros comicios. Malia que xa foi respaldado pola militancia no seu día deberá ser respaldado na asemblea que se celebrará o día 20 de febreiro.